❗️🟪 Política Social prorrogou dous anos a privatización dos centros de violencia sexual por 5 millóns 📃Tras mudar de equipo directivo a nova consellería fai pública agora a prórroga a OHL e Eulen asinada hai un ano e que estará en vigor outro ano máis por medio millón de euros cada exercicio para cada un dos cinco centros existentes 🔗 https://praza.gal/politica/politica-social-prorrogou-dous-anos-a-privatizacion-dos-centros-de-violencia-sexual-por-5-millons
Open in TelegramPosts of Praza.gal
🗳📩 #29N Derradeiras horas para enviar o voto por correo: o límite, hoxe ás 14:00 🔗 https://praza.gal/aovivo/tres-dias-para-o-29n-debate-a-catro-e-nada-seguro#20261126-0941
Open in Telegram🟪O aborto en Galicia: maioría na pública, minoría de menores e por baixo das oito semanas 🔻Só o 3% das interrupcións voluntarias do embarazo en Galicia e no Estado corresponden a rapazas de entre 16 e 17 anos, cuxo dereito abriuse a recortar Feijóo, malia que a inmensa maioría informa ás familias da decisión. O 80% no país danse en mulleres de entre 20 e 39. 🔗 https://praza.gal/acontece/o-aborto-en-galicia-maioria-na-publica-minoria-de-menores-e-por-baixo-das-oito-semanas
Open in Telegram🔊PODCAST | Falamos de Memoria analiza o espolio franquista do Pazo de Meirás 🎧 O podcast documental da Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade debulla como o ditador quedou co histórico recinto e as mobilizacións e pescudas históricas que pularon cara ao proceso xudicial para recuperalo a través das voces de Carlos Babío, Manuel Pérez e Emilio Grandío 🔗 https://praza.gal/acontece/falamos-de-memoria-analiza-o-espolio-franquista-do-pazo-de-meiras
Open in Telegram✍️📰"Compañeiro Feijóo": os anos de ascenso meteórico do ex-presidente rexorden en campaña 🟦As mencións do candidato do PP á súa condición de funcionario como "letrado da Xunta", postos de alto rango creados seis anos despois do seu acceso como interino ao corpo superior da Administración Xeral, evocan os tempos en que foi sindicalista, xa lembrados pola CIG en 2012 para confrontalo cos recortes que aplicou ao persoal público, xusto antes de iniciar unha sucesión de cargos políticos da man de Romay Beccaría 🔗 https://praza.gal/politica/companeiro-feijoo-os-anos-de-ascenso-meteorico-do-ex-presidente-rexorden-en-campana
Open in Telegram🗳🌹 29N | Maratón de Besteiro a prol de Sánchez fronte a un Feijóo "acompañado pola mentira" "Asegura que sacou as oposicións de letrado da Xunta antes de que as houbese; con Marcial Dorado estaba desorientado e agora, tamén acomplexado", ironiza o líder do PSdeG sobre o xeito en que o ex-presidente relata como chegou a funcionario da Administración galega. "Se queremos parar á dereita hai que votar o Partido Socialista, cada voto que se dispersa é un regalo para Feijóo e Abascal", mantén sobre as circunscricións de Lugo e Ourense 🔗 https://praza.gal/politica/maraton-de-besteiro-a-prol-de-sanchez-fronte-a-un-feijoo-acompanado-pola-mentira
Open in Telegram🗳 29N | CRÓNICA | "Conformámonos ou imos a por todas?": o BNG apela a "combinar realismo, desexo e forza" o 29N "Se unimos o voto no BNG, Galicia ten un superpoder para facernos valer e respectar", asegurou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, no mitin central de Vigo na campaña das eleccións xerais 🔗 https://praza.gal/politica/conformamonos-ou-imos-a-por-todas-o-bng-apela-a-combinar-realismo-desexo-e-forza-o-29n
Open in Telegram🏥 O Estado reforza as garantías para o aborto e blinda a información "veraz" ás mulleres O Goberno de España aproba un decreto para garantir a información "común e igualitaria en todo o territorio" previa ao consentimento na interrupción voluntaria do embarazo. O Ministerio de Sanidade destaca que en Galicia o 83% dos abortos practícanse en centros públicos fronte ao 0,6% de Madrid ou ao 22% de media estatal. 🔗 https://praza.gal/politica/o-estado-reforza-as-garantias-para-o-aborto-e-blinda-a-informacion-veraz-as-mulleres
Open in Telegram⚫️ 25N | "Un comportamento feo": a Inspección de Traballo constata acoso sexual no Concello das Neves O Concello das Neves resta importancia a un caso de acoso sexual a unha traballadora que tiña cun contrato especial como vítima de violencia de xénero 🔗 https://praza.gal/acontece/un-comportamento-feo-a-inspeccion-de-traballo-constata-acoso-sexual-no-concello-das-neves
Open in Telegram⚫️️️️️️ 25N | Un cento de mulleres asasinadas dende o 2003. A violencia machista en Galicia, en cifras 📈️️️️ Dende o ano 2003, momento en que se comezan a ofrecer cifras oficiais, en Galicia producíronse preto dun cento de feminicidios. 87 nas estatísticas oficiais do Ministerio de Igualdade, ás que se poderían sumar outros casos recollidos noutros informes. 🔗️️ https://praza.gal/acontece/un-cento-de-mulleres-asasinadas-dende-o-2003-a-violencia-machista-en-galicia-en-cifras
Open in Telegram❗️Estamos de volta. Retomamos a información deste 25 de novembro. 👉 https://praza.gal/
Open in Telegram⚠️ Un problema técnico alleo a Praza impide arestora acceder ao xornal, estamos tentando coñecer as causas da incidencia para estar de volta o antes posible
Open in Telegram👶 🗓 Vinte semanas por nacemento: claves dos novos permisos na fin da lexislatura O Consello de Ministros aproba en vésperas das eleccións aumentar unha semana máis os permisos de maternidade e paternidade ata un total de 20 e de 32 a 34 en familias monoparentais, en liña co comprometido dende o inicio do mandato e co marcado pola UE. Estende, ao tempo, o permiso por falecemento de familiares en primeiro grao de dous a dez días laborables 🔗 https://praza.gal/politica/vinte-semanas-por-nacemento-claves-dos-novos-permisos-na-fin-da-lexislatura
Open in Telegram🔎🔌 O BNG pide explicacións por cargos e familiares do PP con empregos na Deputación de Ourense Os nacionalistas critican que persoas próximas a dirixentes populares obtivesen postos baixo a presidencia de Luis Menor, segundo revela El País, a semellanza do que ocorría durante as tres décadas dos Baltar 🔗 https://praza.gal/politica/o-bng-pide-explicacions-por-cargos-e-familiares-do-pp-con-empregos-na-deputacion-de-ourense
Open in Telegram⬛️ 'En negro contra as violencias' segue removendo conciencias máis alá de Compostela A campaña 'En negro contra as violencias' non deixou de formar parte das accións de denuncia social contra as violencias machistas nestes anos. Vén de presentarse na semana do deseño dos Países Baixos e conta cunha exposición no Consello da Cultura Galega 🔗 https://praza.gal/acontece/en-negro-contra-as-violencias-segue-removendo-conciencias-mais-ala-de-compostela
Open in Telegram📺 Feijóo considera "norcoreana" a TVE mentres obvia anos de condenas e protestas por "manipulación" na TVG O líder do PP compara a canle pública española coa da ditadura de Corea do Norte mentres persoal da Televisión de Galicia suma 444 semanas denunciando o control político, numerosas folgas e xa hai dúas sentenzas contra os medios públicos galegos por represaliar traballadores críticos. 🔗 https://praza.gal/politica/feijoo-considera-norcoreana-a-tve-mentres-obvia-anos-de-condenas-e-protestas-por-manipulacion-na-tvg
Open in Telegram⚖️ O Goberno descarta o indulto a García Ortiz antes do 29N, pero a lei di que pode facelo en funcións Unha sentenza do Supremo de 2005 estableceu que outorgar ou denegar a medida de graza non está entre os actos vetados durante o cambio de Executivo. Unha información de Manuel Altozano en InfoLibre. 🔗 https://praza.gal/politica/o-goberno-descarta-o-indulto-a-garcia-ortiz-antes-do-29n-pero-a-lei-di-que-pode-facelo-en-funcions
Open in Telegram🗳️️️️ 29N | ENTREVISTA | Néstor Rego: "O BNG é quen está en mellores condicións para frear á dereita: disputamos escanos a Vox e PP" 📺 "Temos unha folla de servizos con decisións que o Goberno central adoptou porque prememos para que saísen adiante. Que conseguiu o PP para Galiza? Nada que non sexa avergoñarnos con actuacións impresentables e votar en contra dos intereses do noso país", afirma Néstor Rego, deputado do Bloque no Congreso nas dúas últimas lexislaturas e cabeza de cartel da formación soberanista pola Coruña nas eleccións do 29N. 🔗️️ https://praza.gal/politica/o-bng-e-quen-esta-en-mellores-condicions-para-frear-a-dereita-disputamos-escanos-a-vox-e-pp
Open in Telegram🗳️️️️ 29N | O voto CERA: dos mortos ás urnas 📈️️️️️️ "Nunca tal se viu", din galegos residentes no estranxeiro sobre as longas colas e horas de espera para votar nos consulados, que advirten dunha gran mobilización pero tamén animan tamén a dereita e a ultradereita a erguer sombras sobre un sistema de voto exterior no que, non hai moito, participaban persoas falecidas e as papeletas recollíanse en sacas e sen control. 🔗️️ https://praza.gal/politica/o-voto-cera-dos-mortos-as-urnas
Open in Telegram🏢 A Xunta renova a xestión privada de 930 prazas públicas de maiores por 50 millóns de euros O Goberno galego saca a concurso o 25% das prazas públicas que xa ten concertadas en residencias privadas para renovar eses contratos en lugar de xestionar esas prazas directamente en residencias públicas 🔗 https://praza.gal/politica/a-xunta-renova-a-xestion-privada-de-930-prazas-publicas-de-maiores-por-50-millons-de-euros
Open in Telegram